x
g d
Xornal
GALDEPORTE
21 de Novembro de 2013
Esta fin de semana, sen OK Liga e co HC Liceo a xogar a Liga de Campións en Francia, o sábado ás 21:00 horas os sereairos so hóckey centrarán as miradas na pista de Montealto. A esa hora e nese lugar o CAA Dominicos, sétimo clasificado da Primeira División (segunda categoría do hóckey estatal), recibirá ao líder en solitario, o intratable filial do FC Barcelona, no cal milita o galego Ignacio Alabart. Con todo, os herculinos prometen batalla, e chegan con moita moral despois da vitoria da semana pasada por 4 a 7 na cancha do CHP Sant Feliu triunfo, ademais, logrado malia a importante ausencia de Josama.
Para o Dominicos, a permanencia pasa polo feito de non deixar escapar puntos na casa. Por iso, a visita do líder non será unha excepción neste obxectivo.
O Dominicos recibe ao filial do FC Barcelona, líder en solitario
