x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Decembro de 2013
Caeu esta tarde en Castellón o Emevé Élide de Lugo ante o L’Illa Grau, nun encontro en que os galegos deron a cara e presentaron batalla na súa visita á cancha do segundo clasificado da Superliga Masculina de Voleibol.
Se ben os locais conseguiron levar o primeiro set con solvencia (25 a 17), no segundo encontraron toda a oposición dos galegos, malia ao final resolverse por 32 a 30.
Cun marcador axustado (23 a 25), os lugueses conseguían vencer no terceiro set e acurtar diferenzas no resultado total (2 a 1). Porén, serían finalmente os valencianos os que levarían o encontro nun disputado cuarto acto, que se resolveu por 25 a 23, de modo que o marcador xeral quedaba en 3 a 1.
A semana que vén, na casa e ante o Cajasol Voley, o Emevé Élide terá unha nova oportunidade para ratificar a súa boa imaxe e para intentar conquistar de novo un triunfo.
O Emevé Élide non pode co L’Illa Grau
