top of page

                                                                                                                                                                                                                 5 de Novembro de 2013

 

Excepcional o ambiente de Anoeta nesta noite para recibir a un dos grandes do fútbol mundial, o Manchester United. Os británicos fixeron notar a súa maior experiencia e puxeron a ocasións de maior perigo ao principio do encontro. Porén, coa fin da primeira parte á vista, a Real Sociedade fíxose co dominio do xogo e tivo importante oportunidades para lograr o gol. Carlos Vela e De la Bella puideron inaugurar o marcador, mais ao final marcharon ambos conxuntos ao descanso con empate a 0.

 

Parecía que os locais querían seguir coa mesma tónica á volta do tempo de lecer, mais no minuto 50 o mexicano Chicharito Hernández case anota para o Manchester, ao enviar sobre a portería o balón após recibir dentro da área pequena. No 65, Van Persie enviou o balón ao pau. O mesmo xogador erraría no minuto 70 unha pena máxima.

 

Ambos os equipos realizaron tímidas tentativas de inaugurar o marcador, mais finalmente ningunha delas chegou a bo porto. O conxunto vasco suma desta forma o seu primeiro punto nesta competición.

Empate a 0 en Anoeta

Carols Vela

bottom of page