x
g d
Xornal
GALDEPORTE
15 de Novembro de 2013
Hoxe non foi o día para as xogadoras dirixidas por Javier Muñoz. Enfrontábanse na casa a un rival directo polo liderado, o Al-Qáceres, e a fortuna, ás veces benevolente, hoxe non tivo a vontade de que o Ensino seguise inmaculado de derrotas no seu percorrido pola Liga Feminina 2.
O primeiro cuarto caracterizouse por ser de puntos. As visitantes impuxeron a súa lei en ataque, lograron levar o primeiro acto por 21 a 27. Porén, no segundo cuarto as galegas mudarían a tendencia. Cunha boa defensa, freaban a progresión anotadora das rivais lograban reducir a desvantaxe a 4 puntos ao descanso (37 a 41).
O encontro estaba a altura das circunstancias. Puntos, igualdade, e unha segunda parte onde podía pasar calquera cousa. Non obstante, á volta do intermedio o Al-Qáceres volveu achar o camiño que levaba a neutralizar ao Ensino, e ao final do terceiro cuarto lograban unha diferenza favorable de 12 puntos (47 a 59). Nos minutos iniciais do cuarto restante, o Ensino apenas lograba reducir a distancia, que se mantiña estable en torno aos 10 puntos. Todo cambiou co esforzo final. As luguesa deron todo o mellor de si, e a remontada parecía verosímil, ambientada cos berros de “pódese, pódese!” do Pazo Provincial dos Deportes. Mais finalmente non puido ser. Malia o gran partido de Verónica Matoso (12 puntos, 11 rebotes, 2 asistencias, 2 recuperacións e 19 de valoración) e das súas compañeiras, o Ensino caía por 68 a 74.
Desta forma, ambos os conxuntos quedan igualados na clasificación, aínda que o Ensino, á espera do que faga mañá o Universitario de Ferrol no derbi ante Cortegada, conserva o liderado por mellor basket averagge (o ensino ten +62, o Al-Qáceres +57).
O Ensino apaña a primeira derrota

Verónica Matoso