x
g d
Xornal
GALDEPORTE
23 de Novembro de 2013
A Liga Feminina 2 está que arde. Até 3 equipos lideran a clasificación. Hoxe, enfrontáronse no Pavillón de Esteiro dous deles: O Universitario de Ferrol e o Ensino.
As locais viñan de se proclamaren líderes a semana pasada, e chegaba invictas ao choque. En fronte tiveron as luguesas, primeiras até o pasado venres, cando caeron na casa ante o terceiro conxunto en liza, o Al-Qáceres.
O encontro prometía igualdade, e non defraudou. O primeiro cuarto, de feito, acabou con táboas a 26 puntos. Nel, ambos os conxuntos demostraron as súas intencións respecto o encontro. Non cambiou a tónica do encontro no segundo período, no cal ningún dos dous equipos era quen de despegar no marcador, se ben ao descanso o ensino levaba tres puntos de vantaxe (44 a 47).
Estaba a ser un encontro onde os dous equipos presentaban unha vocación netamente ofensivo. No entanto, á volta do descanso os equipos impuxeron unha maior intensidade defensiva que provocou o decaemento da orxía de puntos. Á súa finalización, o Universitario de Ferrol achegábase a 1 punto (59-60). Con todo, estaba a ser un encontro alegre e de calidade, á altura das circunstancias. Tamén o foi no derradeiro cuarto. Neste período, o Ensino logrou escaparse lixeiramente no marcador, e a falta de algo máis de 3 minutos vencía por 10 puntos (67 a 77). O Universitario de Ferrol fixo o posible por acurtar as diferenzas, mais só conseguiu rebaixar en 3 puntos a distancia (79 a 86). O Ensino, liderado por Mireia Navarrete (21 puntos, 7 rebotes, 2 asistencias, 1 recuperación e 27 de valoración) e por Tamara Montero (18 puntos, 2 rebotes, 4 asistencias, 1 recuperación e 26 de valoración), conseguía frear ao Universitario de Ferrol.
O Ensino frea ao Universitario de Ferrol

Mireia Navarrete