top of page

                                                                                                                                                                                                               19 de Novembro de 2013

 

A selección española, actual campioa do mundo de fútbol, caeu esta noite ante Sudáfrica por 1 gol a 0.

 

Malia o dominio dos españois, no minuto 18 Oupa Manyisa daba o primeiro aviso aos  realizar un disparo que se estrelaba no traveseiro despois de bater en Sergio Ramos. Se ben Llorente e Xabi Alonso tiveron as súas oportunidades, as mellores caían sempre do bando local.  Bongani Khumalo a piques estivo de inaugurar o marcador antes do descanso cun remate de cabeza que saíu a rentes do pau.

 

Á volta do intermedio, no minuto 56, Bernard Parker culminaba unha xogada combinativa que se convertía no 1 a 0. A selección española intentábao sen acerto, e Sudáfrica sentíase cómoda.

 

Por outra parte, o encontro non estivo exento de polémica. Nun lance do xogo, o meta Víctor Valdés caía lesionado. Os visitantes xa realizaran o máximo de trocos estipulados, e o defensa Álvaro Alberloa ía ocupar a portería española. Porén, nunha acción por sorpresa, os colexiados decidiron concederlle a España un trato de favor, e outorgáronlle a Vicente del Bosque a entrada do meta Pepe Reina. Esta acción, moi protestada polo banco sudafricano, non trouxo apenas consecuencias, se exceptuamos a parada de Reina nun 1 contra 1 a un xogador rival, a cal podía supor o 2 a 0. Con todo, ao final do partido saltaba a sorpresa. España caía ante Sudáfrica.

 

 

España cae ante Sudáfrica

bottom of page