top of page

O Estrela Vermelha é líder Liga Galega de Fútbol Gaélico

Luís Aller, do Estrela Vermelha, antes de marcar un gol

                                                                                                                                                                                         27 de Novembro de 2013

 

Se o conxunto compostelán do Suévia manda na Liga Gallaecia, outro equipo da capital, o Estrela Vermelha, é líder da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

 

O pasado día 17, o primeiro clasificado derrotaba na casa ao Fillos de Breogán da Coruña por 5-6 (21) a 1-11 (14). No entanto, a segunda xornada da liga non culminou até o pasado sábado, cando o Mecos FG do Grove viaxou á cidade do Lérez para se medir ao Pontevedra FG. Os visitantes non lle deron opción aos pontevedreses, que caeron por un contundente 2-5 (11) a 9-8 (35).

 

Así as cousas, o Estrela Vermelha é líder da clasificación con 4 puntos en 2 encontros, seguido do Irmandinhos da Estrada (2 puntos en 1 partido) e do Mecos (2 puntos en 2 partidos). A táboa completa, con detalle, podes consultala aquí.

 

Mais o Estrela Vermelha non só manda na clasificación xeral, pois un xogador das súa filas, Diéguez, lidera o taboleiro de máximos anotadores, con 14 puntos (2 goles, 8 tantos), seguido de dos xogadores do Mecos: Robin (14 puntos, 4 goles e 2 tantos) e Rubio (12 puntos, 12 tantos). A listaxe completa podes consultala aquí.

 

Finalmente, como a xornada pasada, Anxo (do Mecos FG) figura no once ideal como mellor porteiro. O resto do equipo de xogadores destacados da xornada confórmano Julián (Fillos de Breogán), Dani Vázquez (Fillos de Breogán), Pata (Mecos), Rubio (Mecos), Rubén Leborán (Estrela Vermelha), Pablo Miragaya (Fillos de Breogán), Robin (Mecos), Diéguez (Estrela Vermelha), Felpete (Estrela Vermelha) e Mouco (Pontevedra FG).

bottom of page