top of page

                                                                                                                                                                                                                 19 de Novembro de 2013

 

Moi difícil estaba a situación para os franceses despois do 2 a 0 da ida. Mais o poder de Saint-Denis apareceu, unha vez máis, para socorrer aos galos.

 

O franceses saíron concentrado, atentos, dispostos polo partido. No minuto 22, Sahko xa inaugurara o marcador e, no 34, Benzema igualaba a eliminatoria. O acoso dos locais sobre a meta ucraína era unha constante, mais no primeiro tempo non se produciron máis goles.

 

O guión non cambiou na segunda parte. Francia atacaba sen descanso e Ucrania, moi lonxe do nivel exhibido o sábado en Kiev, apenas era capaz de responder. Mais esperáballes aínda un golpe do cal non ían ser quen de se levantaren. No minuto 72, Sahko atraía para si o protagonismo que a priori debía recaer sobre Ribéry ou Benzema, converténdose así no heroe do partido. Un remate seu co xeonllo propiciaba que Gusev, con mala fortuna, enviase o balón á rede. Culminábase a remontada. Francia estará en Brasil.

 

Acompañarana Croacia e Grecia:

 

Ao final, Islandia non puido conseguir culminar a proeza. Un gol de Mandžukić no minuto 27 e outro de Srna no 47 privaban aos islandeses do seu soño e facían vivir a Croacia no mundo da fantasía. Por outra parte, tamén estará no mundial Grecia despois do empate a 1 desta noite ante Romanía. Adiantábanse os helenos no 27 por mediación do heroe da ida, Kostas Mitroglou. Coa eliminatória en 4 a 1, un gol en propia meta de Vassilis Torossidis no minuto 55 igualaba o encontro para os romenos. No entanto, o marcador non sufriu alteracións, e os campións da Eurocopa de 2004 participarán do mundia de 2014.

 

Francia remonta, Croacia e Grecia pasan

bottom of page