x
g d
Xornal
GALDEPORTE
30 de Novembro de 2013
Despois da vitoria asturiana da pasada edición, os galegos tiñan, sen dúbida, fame de desquite. Hoxe, a Auténtica tomou cumprida vinganza. A sétima Copa Cantábrica, disputada en Piedras Blancas (Asturias) caeu do lado dos discípulos de Manuel Flores.
Non foi, con todo, unha vitoria doada. Os do Conceyu Nacional de Liriu (nome do organismo regulardor do liriu asturiano) non querían deixar marchar de boa gana o trofeo, e a partida resolveuse por 27 a 30.
Esta é a quinta Copa Cantábrica para os galegos, que xa conquistaran o título nos anos 2007, 2008 e no 2011.
Galiza conquista a Copa Cantábrica
