x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Decembro de 2013
Se houbo unha selección que dominou o I Trofeo internacional Concello de Arteixo de Judo esa foi, sen dúbida, a galega. Galiza logrou 27 medallas neste campionato (7 delas de ouro, outras 7 de prata e 13 de bronce), feito que lle permitiu liderar o medalleiro por riba de Madrid (5 medallas de ouro, 1 de prata e 8 de bronce), Perú (1 medalla de ouro e 5 de prata) e Asturias (2 medallas de bronce).
No apartado masculino, na categoría de -60 quilos, asistimos a unha final galega, na cal Luís Flox derrotou a Álvaro Muzas. Tamén Galiza logrou o ouro de -66 (Rubén Perrino) e de -81 (Daniel González Jorge). Pola súa parte, Cristina Martínez Vigaray (-48 quilos), Rosa García Carrillo (-52 quilos), Laura Bajo (-57 quilos) e Sara González Grandal (-70 quilos) levaron os ouros galegos femininos. A configuración do podio de todas as categorías pode lerse neste enlace, o cal conduce a un documento da Federación Galega de Judo.
Galiza domina no I Trofeo internacional Concello de Arteixo de Judo
