x
g d
Xornal
GALDEPORTE
18 de Novembro de 2013
Miguel Cardenal, presidente do Consello Superior de Deportes, asegurou hoxe que a Real Federación Española de Fútbol contaba coa autorización do goberno español para a celebración do encontro disputado o pasado sábado entre Guinea Ecuatorial e España, partido que estivo rodeado de polémica, pois segundo a APDHE, este evento deportivo estaba a ser utilizado para proxectar unha falta rexeneración democrática no país africano.
Segundo indica a axencia de noticias Europa Press, Cardenal declarou no foro Deporte en Clave da Universidade Complutense de Madrid: "non tiña ningunha razón para vetar un partido en Guinea. O presidente dese país foi recibido por parte dos dous partidos políticos maioritarios, tamén co Goberno de Zapatero. Pode haber razóns poderosas, por exemplo, nun país con leis racistas, mais este non era moi diferente a partidos xogados noutros lugares". Porén, lembremos que Guinea mantén leis que permiten a tortura, o presidio inxustificado ou a pena de morte. Ademais, debemos lembrar que non era o PSOE o artífice da reclamación, senón unha asociación dedicada ao fomento, creación ou mantemento dos dereitos humanos.
Por outra parte, o presidente do CSD manifestou que a RFEF barallaba outras opcións en África para a celebración do encontro, como Gabón ou Angola.
O goberno español autorizou o encontro en Guinea

Miguel Cardenal