x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Novembro de 2013
Gran goleada por a 1 a 8 do HC Liceo ao CP Vilanova en terras catalás. O equipo galego segue na súa boa xeira de resultados e demostra, unha vez máis, que é un dos mellores equipos desta liga.
Adiantábanse os locais por mediación de Xavier Pasto, quen transformou un penalti. Do mesmo xeito, lograba poucos segundos despois Lucas Ordóñez o empate para os galegos. Jordi Baragalló anotaría dous máis antes do descanso para os coruñeses goles que, acompañados do de Antonio Pérez, provocarían o 1 a 5 co que finalizou a primeira parte.
Lucas Ordóñez anotaría o 1 a 5 ao principio do segundo tempo, e Jusep Lamas, Jordi Bargalló e o propio Ordóñez completarían a goleada.
Desta forma, os liceístas ascenden até a cuarta posición e, con 10 puntos, sitúanse a 5 do líder, o FC Barcelona.
Goleada do Liceo ao Vilanova
