top of page

                                                                                                                                                                                                                 20 de Novembro de 2013

 

O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya teno claro. O seu próximo obxectivo a medio prazo será a consecución do ouro nos Xogos Olímpicos de Rio de Janeiro de 2016. Así o declarou nunha entrevista concedida á web do CAB Obradoiro co gallo da homenaxe que o club santiagués lle renderá antes do encontro ante o FC Barcelona.

 

Despois de se proclamar campión do mundo en Setembro, Gómez Noya traballa, cos pes no chan, na consecución do único título que lle falta: “Si, sen dúbida será o máximo obxectivo a medio prazo. Quizais xa gañei todas as carreiras que podía gañar en referencia a Mundiais, Copas do Mundo e Europeos, e moitos outros títulos, mais o título olímpico é o que me falta”, declarou.

 

Lembremos que Gómez Noya xa conseguira a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Naquela ocasión, fora derrotado polo británico Alistair Brownlee por tan só 9 segundos de diferenza. Agora, o galego promete esforzarse para levar o ouro en Río. Oxalá a sorte o acompañe.

Gómez Noya prepárase para Río

Imaxe de MartínPutz

bottom of page