x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Decembro de 2013
Esta fin de semana o ciclocross volveu ter unha cita en Galiza, desta veza través do Trofeo Concello de Dumbría. Como aconteceu na proba do Rosal, Mauro González volveu ser o dominador da categoría elite masculina, cun tempo de 52 minutos e 50 segundos. Jaime Juncal volveu quedar segundo, mentres quen a terceira praza encontramos a Manuel Ferreira.
E sen o apartado masculino repetimos gañador, no feminino encontramos a mesma tendencia. Isabel Castro volveu ser a dominadora da aproba, como no Rosal, seguida outra vez por Desiree Duarte. No entanto, nesta ocasión Irene Trabazo caeu do podio (finalizou cuarta) en favor de María Jesús Barros.
Sen dúbida no apartado feminino encontramos moitas das promesas (ou, malia a xuventude, realidades) do ciclismo galego. O mesmo podemos dicir de Raúl Fernández, vencedor na categoría junior, do mesmo xeito que fora xa na proba anterior. No entanto, desta vez Samuel González encargouse de que a diferenza fose menor do quen o Rosal, pois nesta ovasión quedou en 19 segundos. Alberto Martins foi o terceiro clasificado.
As clasificacións e os tempos obtidos poden consultarse neste enlace, extraído da páxina web da Federación Galega de Ciclismo.
Mauro González e Isabel Castro volven gañar
