x
g d
Xornal
GALDEPORTE
25 de Novembro de 2013
O Bayern de Múnic ten un infiltrado nas filas, un”axente dobre” que revela os seus segredos. Non, non estamos a falar de Julian Assange nin de Edward Snowden, nin tampouco estamos a relatar o argumento dun filme de espías, aínda que este suceso podería dar para unha boa película.
Desde hai un tempo, algún xogador do conxunto muniqués, ou alguén con acceso ao vestiario do club bávaro, está a desvendar os segredos do Bayern en relación á plainificación e preparación dos encontros.
Segundo publica hoxe Marca, Guardiola está moi molesto con esta situación. A pinga que desbordou o vaso encontrámola nun feito ocorrido o pasado venres, cando o diario alemán Bild publicou a estratexia a seguir polo Bayern durante o importante encontro ante o Borussia de Dortmund. Por iso, Guardiola está farto, e declarou que, de descubrir o autor das filtracións, este nunca máis volvería xogar mentres fose el o técnico, fose quen for.
Pola súa parte, o Director Xeral do club, o mítico Rummenigge, pediu o cese das filtracións, ao tempo que lle ofreceu o perdón ao seu autor, ao declarar con ironía que o Bayern non ía “instaurar a NSA para buscar pólo mundo ao infiltrado”.
Guardiola, molesto co “infiltrado”
