x
g d
Xornal
GALDEPORTE
19 de Novembro de 2013
O pasado día 11, informábamos en Xornal Galdeporte sobre a incorporación do piloto de Formula 1 Felipe Massa á escudaría Williams. Hoxe, o brasileiro demostrou unha vez máis o seu cariño cara a súa actual escudaría ao declarar: “gustaríame ser lembrado como parte de Ferrari”.
Massa despedirase do cavallino rampante na casa, en São Paulo (no GP de Interlagos), despois dunha traxectoria rodeada de sucesos doces e agres. Estes últimos non foron impedimento para que manifestase: “Formei parte da historia de Ferrari, e estou orgulloso diso. Sempre foi o meu soño pilotar para Ferrari e fíxeno durante 10 años, oito deles como piloto oficial".
Igualmente, referise con palabras de afecto aos seareiros, cos que se mostrou moi agradecido polo ánimo que lle outorgaron nos momentos máis duros.
Fonte: Europa Press
Massa: “Gustaríame ser lembrado como parte de Ferrari”
