x
g d
Xornal
GALDEPORTE
28 de Novembro de 2013
Hoxe, xoves, houbo xornada da Europa League, na cal participaron seis equipos da Península Ibérica.
O derbi ibérico entre Sevilla e Estoril, disputado no Sánchez Pizjuan, resolveuse con empate a 1. Cando os andaluces acariñaban a vitoria, pois desde o minuto 7 vencían por 1 a 0 mercé ao tanto de Gameiro, no minuto 90 apareceu Rúben Fernandes para darlle a igualada aos portugueses.
Peor sorte que o Sevilla tivo o outro conxunto sevillano, o Betis, que caeu en Francia por 1 a 0 (gol de Gomis no minuto 66) ante o Olympic de Lyon.
O Valencia, pola súa parte, impúxose po 0 a 1 ante o Swansea grazas ao tanto de Parejo no minuto 20.
Finalmente, tanto o Rjeka vs Vitória de Guimarães como o Paços de Ferreira vs Fiorentina acabaron com empate a 0.