x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Xaneiro de 2014
A experiencia nos demostra que, parece ser, o Nadal constitúe unha época idónea para exercermos actos de solidariedade para con outros seres humanos. Nestas circunstancias, o CAB Obradoiro realizou durante este Nadal unha campaña que incluía varias accións destinadas ao favorecemento dos menos afortunados (economicamente falando).
As festas finalizaron o luns, mais hoxe aínda quedaba un último acto solidario. Esta tarde, ás 17:30 horas, o pivote do conxunto compostelán Oriol Junyent fixo entrega a Joaquín Pulleiro, vicedirector do Albergue San Francisco, dun palé cheo de alimentos non perecedoiros. O evento tivo lugar no Gadis de Cacheiras.
O xogador catalán mostrouse, en declaracións á páxina web do club, satisfeito pola súa participación neste acto solidario.
Junyet, nun acto solidario
