top of page

                                                                                                                                                                                                                   4 de Novembro de 2013

 

Adiantábao COPE Coruña e publicábao posteriormente moiceleste.com. Lendoiro está farto das supostas intromisións do club celeste na canteira herculina, sobre todo porque considera a existencia de mala intención, xa que cre que os vigueses queren facerse coas xoias das categorías inferiores deprtivistas aproveitando a mala situación económica do Depor.

 

O detonante radica na incorporación de Alejandro Rey (xogador cadete) ás filas célticas. No Celta alegan que simplemente ficharon a un xogador que acaba contrato, mais no Deportivo manifestan que o futbolista decidiu non renovar cos coruñeses porque os celtiñas lle fixeran unha mellor oferta. Ademais, Lendoiro declarou que o seu club nunca fixo nada similar co vigués cando a situación era inversa (é dicir, o Deportivo tiña solvencia e o Celta estaba en concurso de acredores), feito co cal se sente molesto.

 

Así as cousas, estamos a un paso de volver a épocas de antano, onde Celta e Deportivo máis que rivais eran inimigos. Oxalá ese momento nunca chegue.

Lendoiro pretende romper as relacións institucionais co Celta

Augusto César Lendoiro

bottom of page