x
g d
Xornal
GALDEPORTE
6 de Novembro de 2013
Segundo declarou á revista Sport Bild, Robert Lewandowski está decidido a abandonar a disciplina do Borussia Dortmund. O dianteiro nacido en Polonia podería ter a vontade de mudar Dortmund por Múnic, tal e como xa insinuara o adestrador do Chelsea CF, José Mourinho, á cadea Sky, preguntado pola posibilidade de incorporación deste xogador ao club inglés.
Para Mourinho "a historia de Lewandowski é un libro que foi escrito hai xa moito tempo. Todo o mundo sabe como a remata historia. Resúltame sorprendente que o asocien connosco (...) Parece que irá ao Bayern de Múnic".
As palabras de Mourinho semellan estar corroboradas polas do xogador, que apuntaría a clubes como o Bayern de Múnic ou o FC Barcelona ao manifestarlle a Bild que prefería “gañar títulos”, e acrecenta: “quero probar algo novo para a próxima temporada (...) Só podo dicir sobre o tema que anunciarei a miña decisión o ano próximo”.
Lewandowski, decidido a abandonar as filas do Dortmund

Robert Lewandowski