x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Decembro de 2013
Esta noite, o HC Liceo recibía en Riazor ao Noia Freixenet en partido correspondente á décima xornada da OK Liga.
Tratábase dun duelo de históricos e por iso o Noia, malia non chegar no seu mellor momento a este encontro, intentou tratar de ti ao actual campión de liga. No minuto 11, adiantábanse os visitantes por mediación de Pau Bargalló. A resposta liceísta tardou preto de 6 minutos en chegar, e cando o fixo adoptou a forma de chuvia de goles. No 17, Jordi Bargalló contestaba o gol do seu irmán pequeno. Foi este o mellor momento de partido para o Liceo na primeira parte, pois en cuestión de algo máis de un minuto Toni Pérez (de penalti) e Lucas Ordóñez ampliaban o resultado a favor dos galegos (3 a 1).
Durante a segunda parte, os galegos deixaron que o tempo correse mentres xestionaban con solvencia a súa vantaxe. Contra o final do encontro, un tanto de Lucas Ordóñez e outro de Juan José López García deixaron o marcador no 5 a 1 definitivo. Con este resultado, e coa vitoria do CP Cerceda na cancha do CE Vendrell, os coruñeses ascenden á terceira praza da clasificación da OK Liga, e quedan a 6 puntos do líder, o FCBarcelona.
O Liceo derrota na casa ao Noia Freixenet
