top of page

14 de Novembro de 2013

 

5156 persoas asistiron hoxe ao Basket Hall de Kasnodar para presenciar un encontro vibrante entre o Lokomotiv e o Baskonia.

 

O primeiro cuarto foi dos rusos, quen presentaron un defensa moi dura, difícil de penetrar para os baskonistas aos que, ademais, lles faltou algo de sorte en ataque. Mercé a unha canastra de Walter Hodge nos últimos segundos, os vascos remataron o este primeiro tramo do encontro con desvantaxe de só 8 puntos (21-13).

 

O segundo cuarto, porén, presentou unha cara ben distinta. O Baskonia saíu enchufado en ataque. Walter Hodge estaba en racha, Milko Bjelica achegaba acerto exterior e o Baskonia chegou a encadear un parcial de 0 a 11, e ao descanso gañaba por 2 puntos (40 a 42).

 

Novo parcial dos vitorianos, desta vez de 0 a 5, á volta do descanso. O Baskonia marchaba nese momento 7 puntos por riba, vantaxe que mantivo durante boa parte do terceiro cuarto. Porén, a falta de algo máis de catro minutos o Lokomotiv encadeaba un parcial de 9 a 0, o cal lle permitiu aos rusos tomar a dianteira no marcador (57-56). Con 61 a 58, o partido quedaba completamente aberto para o derradeiro cuarto, que consistiu en pouco máis que un intercambio de golpes. A falta de 2:38, o Baskonia conseguía acadar unha diferenza favorable de +8 (75-83). E foi nese momento cando os rusos apertaron.  Con 79 a 83 Kelati dispuxo de dous tiros libre, mais só anotou 1. E entón apareceu Williams que, cunha tripla a falta de 36 segundos, deixaba o marcador en 82 a 84. No ataque baskonista Heurtel erra e o Lokomitiv responde por medio de Simon cunha tripla. Os vascos quedaban KO. Co marcador en 84 a 85, o Baskonia apañaba a segunda derrota da temporada na Euroliga.

 

 

O Lokomotiv derrota a Baskonia no último suspiro

bottom of page