x
g d
Xornal
GALDEPORTE
12 de Novembro de 2013
A galega Lúa Piñeiro estará presente na Copa do Mundo de Taekwondo, que terá lugar entre o 28 e o 30 de Novembro en Costa de Marfil. Así o publicou hoxe a Federación Galega de Taekwondo na súa páxina web.
A caldense xa dera mostra da súa valía en Xullo, no mundial disputado en Puebla (México), onde chegou aos cuartos de final da competición, onde foi derrotada por 3 a 2 pola taiwanesa Chia Chia Chuang, que logo sería medalla de prata.
O mes pasado, Lúa Piñeiro era convocada para o WTF Grand Prix 2013 de Manchester (que terá lugar entre o 13 e 15 de Decembro). Agora, será a representante da federación española na categoria de -67 quilos.
Lúa Piñeiro, na Copa do Mundo de Taekwondo

Lúa Piñeiro