x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Novembro de 2013
Espectacular o final de partido entre o Lietuvos Rytas e o Maccabi de Tel Aviv, correspondente á cuarta xornada da Euroliga. A falta de 12:6 segundos, co marcador en 71 a 74, Gecevicius empataba o partido a 74 por mediación dunha tripla. O escolta lituano poñía así o broche de ouro a un gran encontro, no cal anotou 24 puntos, capturou 4 rebotes e deu 3 asistencias.
No entanto, unha canastra de Rice a falta de 4 segundos puxo o 74 a 76 final. Ironías do destino, Tyresse Rice non fixo un gran partido ante o seu antigo equipo, mais foi sen dúbida o protagonista do choque. Eclipsou o gran labor dos seus compañeiros Devin Smith (18 puntos, 5 rebotes, 2 asistencias e 20 de valoración) e Shawn James (10 puntos, 5 rebotes, 3 asistencias e 15 de valoración).
O Maccabi fora o dominador do encontro durante os dous primeiros cuartos, e marchou ao descanso con 12 puntos de diferenza ao seu favor (33 a 45). Porén, un gran terceiro cuarto dos lituanos deixaba ao Lietuvos moi metido no partido (55-59). O cuarto final estivo marcado pola igualdade. O desenlace, xa o sabemos.