x
g d
Xornal
GALDEPORTE
18 de Novembro de 2013
O dianteiro arxentino do FC Barcelona, Lionel Messi, quixo fuxir de especulacións respecto a causa das súas lesións, pois na súa opinión “non hai que buscar cousas raras”.
Por tanto, o dianteiro elude as conxecturas sobre a súa mala alimentación, sobre a sobrecarga de encontros ou sobre a súa activa actividade en actos benéficos na pretemporada, a cal lle restou tempo de descanso. “Esta lesión pasou porque tiña que pasar”, sinala o astro blaugrana.
Por outra parte, Messi indicou que non está disposto a forzar o seu regreso aos campos. “O plan é volver cando o meu corpo me diga que estou ben”.
Messi foxe de especulacións
