x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Decembro de 2013
Moncho Fernández, adestrador do CAB Obradoiro, gabou hoxe, nunha reportaxe de La Voz de Galicia, a actitude dos seus xogadores ante a adversidade. Ben Dewar padecía gastroenterite e Muscala sufría un severo proceso gripal. Porén, ambos os dous tomaron a meritoria decisión de disputaren o encontro ante Guipuzkoa Basket. De feito, Dewar botou toda a noite na cama, convalecente, e aínda así optou por se erguer para xogar para o club santiagués.
Malia estas circunstancias, malia a baixa de Scott, malia o feito de que o conxunto compostelán chegaba debilitado, o Obradoiro soubo realizar un gran partido en defensa, unha das claves da vitoria (xunto co acerto nos tiros de dous puntos), segundo o técnico galego.
Moncho Fernández gaba aos seus xogadores
