top of page

14 de Novembro de 2013

 

Malia o bo traballo de Zoran Dragic (16 puntos, 2 rebotes, unha asistencia e 19 de valoración) e Nick Caner-Medley (18 puntos, 6 rebotes, 1 asistencia e 18 de valoración), o Unicaja de Málaga non logrou acadar a vitoria no Martín Carpena ante o Montepaschi Siena.

 

O primeiro cuarto levaba boa pinta para os italianos. Con Erick Green inspirado en ataque, dominaron o primeiro acto no marcador (aínda que con vantaxes pequenas), e lograron chegar ao final cun 18 a 23 favorable, que sería 15 a 23 se Toolson non anotase unha tripla nos instantes finais.

 

O Montepaschi antinxiu os 8 puntos de vantaxe ao inicio do segundo cuarto, mais unha tripla de Hetts provocou a reacción dos malagueños. No entanto, o Montepaschi conseguía de novo en pouco tempo recobrar a distancia (24-32). Outra tripla dos locais, desta vez asinada por Granger, propiciou unha nova reacción, e cun parcial de 13 a 0 lograban unha diferenza favorable de +3 (35-32). O encontro púñase emocionante, sobre todo despois do parcial de 0 a 5 a favor dos italianos. Co partido empatado a 39, unha canastra de Dragic desfixo as táboas, e os equipos marcharon ao vestiario cun resultado de 41 a 39.

 

Á volta do descanso, o choque converteuse nun intercambio de pequenos parciais. Porén, saltou a polémica cando os colexiados concederon canastra de tres puntos a Green a pesar de que Dragic cometera unha falta previa que debería anular o lanzamento. O marcador quedaba naquel momento en 60 a 58, e con 64 a 63 soaba a bucina que sinalaba o final do cuarto.

 

O derradeiro tempo non foi espectacular, mais si emocionante. Poucos puntos e moita intensidade. Con igualada a 73 nos derradeiros segundos, unha canastra sobre a bucina de Viggiano outorgáballe ao Montepaschi a súa primeira vitoria nesta edición da Euroliga.

O Montepaschi estréase no Carpena

bottom of page