x
g d
Xornal
GALDEPORTE
12 de Novembro de 2013
Despois das desavinzas existentes este verán entre José Mourinho e Cristiano Ronaldo, chegan as gabanzas do adestrador ao futbolista, pois asegura en declaracións a France Football que “no mundo do fútbol non coñezo a ningún profesional como el”, e incluso chega a afirmar que coincidir con Ronaldo no Real Madrid foi o mellor que lle podía pasar, aínda que despois ironizase dicindo que, como o astro portugués atraía todas as miradas, el podía saír tranquilamente dos locais sen ser abordado.
Parece que despois da tempestade chega a calma, e que Mourinho quere facer as paces. Hai uns meses, porén, a situación era diferente. En Xuño, declaraba ao programa de televisión Punto Pelota, en clave de sarcasmo, que “talvez Cristiano todo o sabe”, pois o xogador puxera en cuestión antes determinadas decisións tácticas do adestrador. No mesmo mes, na súa última rolda de prensa como madridista, Mourinho criticou a “falta de ética” de Ronaldo e Pepe. Xa en Agosto, sendo membro do Chelsea, o técnico manifestou o seu orgullo por adestrar a algúns mellores xogadores da historia, entre eles o “auténtico Ronaldo”, en referencia ao brasileiro Ronaldo Lima. Isto, provocou a famosa contestación de Cristiano Ronaldo de: “eu non cuspo no prato que dá de comer”.
Mourinho gaba a Cristiano Ronaldo

Cristiano Ronaldo