x
g d
Xornal
GALDEPORTE
13 de Novembro de 2013
Parece a sorte non quere que o Campionato do Mundo de Xadrez, o cal está a ter lugar na cidade india de Chennai (antiga Madrás), remate, polo menos por agora. Por cuarta vez o campión vixente, o indio Viswanathan Anand (43 anos, número 8 mundial), e o aspirante, o noruegués Magnus Carlsen (22 anos, número 1 do mundo), asinan táboas.
A final comezou o pasado día 9. En cada día houbo a súa partida, e en todas eles ningún foi capaz de derrotar ao seu opoñente. Ambos os xogadores levan cadanseus 2 puntos. A terceira partida, a de onte, parecía que ía ser a definitiva, xa que Anand era quen de conseguir unha boa vantaxe, neutralizada finalmente por Carlsen.
O Campionato do Mundo ofrece 12 intentos aos xadrecistas para levar o título. De momento, 4 xa van gastadas.
Un mundial que non quere decidirse

Viswanathan Anand