x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Xaneiro de 2014
Lembrará os lectores de Xornal Galdeporte que, o pasado 9 de Decembro, ofrecíamos unha noticia relativa a unha querela contra Sandro Rosell por causa dunha presunta distracción de 40 millóns de euros realizada durante o proceso de fichaxe do astro brasileiro Neymar Jr.
Hoxe, varias rotativas da prensa estatal, tanto da xeneralista como da deportiva, recollen unha nova noticia relativa ao caso. Pablo Ruz, coñecido por ser o instructor de casos con gran presencia nos medios comunicación (como o Caso Bárcenas, no cal se estuda un posible financiamento irregular do Partido Popular), non ve indicios de delito nesta ocasión, polo que non admitiu a trámite a querela do ente “Consulta Barça”, dirixido por Jordi Cases, que mantiña que o custo real da operación consistira en 74 millóns de euros.
Porén, a investigación levada a termo polo maxistrado da Audiencia Nacional e polo seu equipo, realizada en base á documentación presentada polo propio Toni Freixa, directivo do club blaugrana, revela que realmente a operación estaría cifrada nos 57 millóns declarados. Desta forma, non existirían irregularidades na fichaxe de Neymar.
Non houbo irregularidades na fichaxe de Neymar
