top of page

                                                                                                                                                                                                                26 de Novembro de 2013

 

Cúmprense este ano 11 dun dos máis recentes desastres naturais acontecidos no noso país. Pasaron once anos, si, mais Galiza non pode deixar caer no esquecemento este feito, e máis despois do resultado do xuízo realizado por tal caso. Isto é o que debe pensar o colectivo de seareiros do Celta Nós, que está preparar unha xornada reivindicativa para o 30 de Novembro, xornada en que os celestes se enfrontarán na casa á UD Almería.

 

O antedito colectivo anima a que, no minuto 10 de partido, toda a bancada de Balaídos entoe o mítico berro de protesta, aquel que xa berraban os galegos cando o suceso do Mar Exeo, aquel que millóns de persoas emitiron en numerosas manifestacións cando o Prestige. “Nunca máis!”, berrará Balaídos.

 

Así mesmo, Nós anima a que as persoas que acudan ao estadio para que leven bandeiras da Plataforma Nunca Máis e outros materiais reivindicativos. E é que, como dicía aquela xa mítica canción de Luar na Lubre, Memoria da Noite: “porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,/ non nos afundiremos nunca mais/ que na túa memoria xa non hai volta atrás:/ non nos humillaredes NUNCA MÁIS”.

No minuto 10, Nunca Máis!

bottom of page