top of page

                                                                                                                                                                                                22 de Novembro de 2013

 

O manager da Federación Galega de Rugby, o All Black Norman Maxwell, visitou onte as instalacións do Campus Universitario de Ourense co obxectivo de se informar sobre a situación do Ourense Rugby e de se reunir coa directiva para traballar sobre os proxectos que actualmente están en marcha.

 

Acompañado de Rodrigo Alberte Pivida (Técnico de Actividades Deportivas) e de Luis Murias Quintián (presidente do club), Norman Maxwell realizou un percorrido polas instalacións do complexo universitario para, finalmente, pisar o céspede do campo de rugby. Alí, os adestradores das diferentes categorías ensináronlle ao manager da FGR o campo de adestramento e realizou numerosas fotografías cos asistentes.

 

A visita de Maxwell a Ourense enmárcase na súa política de apoio aos clubes. O pasado mércores, puidemos velo en Compostela. Alí declarou a El Correo Gallego “estou a ver a problemática dos clubs, ver como funciona este deporte en Galiza e comparalo co meu país, Nova Celandia, para ver que lazos nos unen”. Maxwell desexa coñecer de primeira man as problemáticas dos diferentes equipos de rugby de Galiza, para así procurar unha solución que mellore a súa situación, aínda que tamén advirte que el “non ten unha resposta máxica”.

 

O plan do manager xeral da Federación Galega de Rugby inclúe, ademais, novas visitas aos clubs, a dirección dalgúns adestramentos e, no caso de Ourense, a celebración dalgunha concentración da selección galega de rugby nesta cidade.

 

Fonte principal:

Ourense Rugby Club,

 

Fontes secundarias:

 Federación Galega de Rugby, 

Faro de Vigo, 

El Correo Gallego

 

Norman Maxwell visita Ourense

Fotografía por xentileza de Ourense Rugby Club

bottom of page