top of page

                                                                                                                                                                                                                16 de Novembro de 2013

 

As derrotas sempre son dolorosas. As derrotas avultadas, aínda máis. Esta noite, o Valencia Basket deulle ao Obradoiro unha lección que será moi difícil de esquecer.

 

Os galegos saíron motivados, polo partido, con ganas de vitoria. No obstante, o acerto ofensivo dos taronja foi esmagador, e cun significativo 24 a 35 finalizou o primeiro cuarto. Nada mudou no segundo, no cal os valencianos se dispararon no marcador até os 21 puntos de vantaxe (37 a 58).

 

Mais ao Obradoiro, se algunha característica o definiu a pasada campaña, esa foi a do o orgullo. Algunha reminiscencia quixo traernos o inicio do trceiro período. Á volta do intermedio, mercé a un parcial de 12 a 8, os galegos parecía que querían meterse no partido. Aínda así, estaban a -18. Ademais, de pouco lle valeu o intento, xa que ao final do terceiro cuarto a desvantaxe aumentara a 24 puntos (50-74).Entón, o Obradoiro non puido máis que deixarse ir. Ao final do partido, derrota por 70 a 102. Duro correctivo para un equipo que, na pretemporada, aspiraba a meterse na Copa do Rei.

Nova caída do Obradoiro

bottom of page