x
g d
Xornal
GALDEPORTE
28 de Novembro de 2013
O Real Madrid de baloncesto segue coa súa xeira de imbatibilidade. Hoxe, a vítima foi Brose Basket de Bamberg, equipo que caeu na súa casa por 30 puntos (69 a 89).
Os alemáns aguantaron dignamente na primeira parte. Ao final do primeiro cuarto, o encontro esta igualado a 20. No entanto, grazas a un parcial de 5 a 13, os madrileños xa vencían por 8 no minuto 15, se ben ao descanso viron reducida a súa vantaxe a 5 puntos 38 a 43.
Mais de pouco valeu que os brancos xa estean clasificados, nin tampouco a boa primeira parte dos locais. Á volta do descanso, os madridistas ensinaban a súa verdadeira cara e, no minuto 25, xa vencían por 13 puntos (42 a 55). O Brose Basket non puido frear a maquinaria branca e, ao final do terceiro período, o marcador era de 49 a 60.
O derradeiro cuarto, como vén sendo costume esta temporada nos encontros europeos do Real Madrid, non tivo demasiada historia. Os madridistas impuñan o seu ritmo, e os alemáns unicamente podían deixarse ir. Ao final, cun resultado de 69 a 89, os madrileños seguen, unha semana máis, á espera dun equipo que lles faga fronte.