x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Decembro de 2013
O mundial de Formula 1 de 2014 presentará variacións no regulamento respecto ás edicións anteriores.
Por proposta da marca de pneumáticos Pirelli, en cada Gran Premio introducirase un número de paradas obrigatorias a efectuar polos pilotos. Esta medida non gustou en absoluto aos equipos, e así quedou patente na reunión celebrada onte en París entre o Grupo Estratéxico da Formula 1 e a Comisión de Fórmula 1 da FIA.
Outra das medidas polémicas, neste caso para desagrado dos seareiros, consiste no feito de que a última proba conte con puntuación dobre, a fin de fomentar a competitividade e a emoción até a última xornada.
Finalmente, tamén foi aprobado un novo sistema no reparto de números para os monopraza, determinados pola posición obtida no campionato da temporada anterior.
As novas normas da Formula 1 son recibidas con polémica
