x
g d
Xornal
GALDEPORTE
19 de Novembro de 2013
Se o pasado día 4 de Novembro soubemos que o All-Black Norman Maxwell, ex do Vigo Rugby Club, sería o novo manager xeral da Federación Galega de Rugby, hoxe o dito organismo anunciou a composición do seu novo corpo técnico na súa páxina web. Desta forma, sabemos que Maxwell estará acompañado por Jos Portos en calidade de director técnico.
Por outra parte, David Monreal é o seleccionador masculino, e contará con Alberto Mera e David Losada como axudantes e con José Ramón Santorum como manager. A selección absoluta feminina, pola súa parte, está nas mans de Rogelio Sabio, con Javier Lista como axudante e Esther Ruiz como manager. O resto de seleccionadores son Chamy Doval (sub 21), Enrique Cardona (sub 18), Higinio Martínez (sub 16) e Pedro Covelo (sub 14).
Esta información, que xa fora anunciada na rede social Facebook o pasado día 12, confírmase agora de forma oficial.
Novo corpo técnico da Federación Galega de Rugby

Norman Maxwell