x
g d
Xornal
GALDEPORTE
17 de Novembro de 2013
O calendario quixo que hoxe os equipos galegos se enfrontasen aos asturianos. No terceiro encontro galaico-astur da Segunda B, CD Ourense e Real Avilés igualaron a 0 no Couto.
O Avilés estivo moi férreo defensivamente, e o encontro máis que un partido de fútbol semellaba unha partida de xadrez. O Ourense tivo na segunda parte a oportunidade de levar o partido mercé a un disparo de Óscar Martínez que atallou David, o meta visitante. Cos galegos na procura da vitoria, Adrián Cruz avisou cun remate desde a frontal da área ben contestado polo gardamallas rival. David foi o home do partido e, ao final do encontro, salvou sobre a raia de gol un remate de Borja Valle.
O Ourense intentouno, mais non puido, e colleita o segundo empate da temporada de modo consecutivo.
Novo empate do CD Ourense
