top of page

                                                                                                                                                                                                                26 de Novembro de 2013

 

Esta sábado celebrouse a clásica Espada Toledana. A esta proba concorreu a galega Lorena Luaces quen, alén de traballar para o Consello Superior de Deportes, bate records galegos de atletismo. O último, como dicimos, logrouno esta fin semana, cando conseguiu rebaixar a súa propia plusmarca anterior, pois realizou os 5 quilómetros marcha en 22 minutos e 28 segundos.

 

A ourensá, na súa web, maniféstase satisfeita co seu rexistro, o cal lle valeu para conseguir a segunda praza, aínda que si lle quedou unha pequena espiña cravada por non poder obter a primeira, pois declara:  “Con todo, tiven que conformarme co segundo chanzo do podio. A miña compañeira Julia Takacs fixo un carreirón e impuxo un ritmo frenético desde o inicio (...), eu marchei con ela  un par de quilómetros, mais non foi posible parala”.

 

Aínda así, non cabe dúbida de que a galega realizou unha grande carreira. Parabéns polo seu record, e que veñan moitos máis.

Novo record galego en atletismo

bottom of page