top of page

                                                                                                                                                                                                23 de Novembro de 2013

 

71.518 espectadores acudiron hoxe ao Camp Nou para presenciar unha nova vitoria do seu equipo, desta vez ante o Granada CF.

 

O FC Barcelona intentou abrir o marcador desde o primeiro momento. Ao minuto de xogo, Alexis Sánchez realizaba un disparo que non encontrou a rede. Tampouco tivo fortuna Iniesta no sete, cando un tiro seu foi detido polo meta granadino. A piques estivo de novo o Barça de marcar o primeiro no 13, cando Alexis remataba de cabeza un centro de Neymar. Nesta ocasión, apareceu o porteiro Roberto para evitar o tanto culé.

 

No minuto 18, o colexiado sinala un penalti de Foulquier sobre Cesc Fábregas que transformaría Andrés Iniesta. Era o 1 a 0, e os cataláns lograban desta forma abrir a lata. Os granadinos apenas podían soportar os ataques locais, aínda que ás veces eran quen de chegar ao marco de Pinto, como no minuto 23, cando Piti mandou un balón ao pau traveseiro. Antes do descanso, no minuto 39, Fran Rico comete penaltis sobre Iniesta, que convertería Cesc Fábregas.

 

Á volta do intermedio, o encontro non presentaba variacións, nin no resultado nin no desenvolvemento. No minuto 65, Iturra vía o segundo cartón amarelo, e o Granada quedaba con 10. A superioridade numérica foi aproveitada polos blaugrana, e no 71 Alexis transformaba o 3 a 0 ao aproveitar unha asistencia de Neymar.

 

Con todo decidido, o Tata Martino decidiu darlle entrada ao rapaz de 17 anos Adam Traoré, que entrou en substitución de Neymar. Cumprido xa o tempo regulamentario, Pedro anotaba o 4 a 0 definitivo.

Novo triunfo do FC Barcelona

bottom of page