x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Novembro de 2013
O CP Cerceda converteuse neste inicio de temporada no rei dos empates, pois conta os até agora catro partidos disputados por empates. Nesta ocasión, o escenario foi o Pavillón González Laxe de Cerceda, e o rival o CP Calafell.
O primeiro tempo transcorreu sen goles, e ao decanso chegouse con táboas, igualdade que se desfixo aos poucos segundos de comezar o segundo tempo mercé a un tanto de Gonzalo Pérez, que aproveitou un rexeite dun disparo de Joan Grasas. Pouco despois, o mesmo xogador anotaría o segundo tanto, que supoñía o 2 a 0 para os locais.
Como sempre, o gardameta Neto estivo a un gran nivel, e detivo dúas penas máximas consecutivas. Porén, non puido atallar a bóla ante un lanzamento de Pol Galbas, que significou o 2 a 1.
A falta de 6 minutos para o final, Oriol Palau anotou para o Calafell, mais o Cerceda viu porta novamente mediante un lanzamento de Gonzalo Pérez (3-2). A falta de 3:15 para o final, Pol Galbas desbaratou a oportindade dos locais de acadar o primeiro triunfo da temporada a través dun tanto que supuxo o 3 a 3 final.
Novo empate do CP Cerceda
