x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Novembro de 2013
Até catro records para a natación galega foron logrados esta fin de semana no Campionato de España deste deporte, celebrado en Castellón.
Dúas destas catro mellores marcas caeron na primeira das tres xornadas. María Vilas Vidal rachaba o record de 1500 metros libres cunha marca de 16:01.84 nunha carreira en que só foi superada pola catalá Mireia Belmonte, que estableceu o record do mundo da categoría nesa mesma proba.
Pola súa parte, Beatriz Gómez Cortés voltaría para Galiza coa medalla de prata dos 200 metros libres e coa mellor marca da natación galega nesta categoría, cun tempo de 1:56.37. Mais este non sería o único record galego batido pola nadadora do CN Galaico. Na segunda xornada, conseguiría o mesmo logro no 400 metros estilo, cunha marca de 4:35.91 e, na terceira, rebaixaría a 2:10.93 o record galego de 200 estilos.
Novos records galegos de natación

Beatriz Gómez Cortés