top of page

                                                                                                                                                                                                                 26 de Novembro de 2013

 

Un gran Ajax freou esta noite ao FC Barcelona en partido correspondente á Liga de Campións. Os cataláns, que golearon na ida ao seu rival desta noite (4 a 0), encontraron cun Ajax de Amsterdam diferente, moi resolutivo e máis efectivo.

 

O comezo do encontro foi trabado, e estivo inzado de faltas cometidas polos xogadores de ambos os conxuntos. Aos 11 minutos de xogo, Fischer puña a proba a Pinto. Fábregas e Neymar, pola súa parte, intentábano sen éxito no 14. No 19, Sereno inauguraba o marcador tras aproveitar un pase de Van Rhjin. Neste minutos, as mellores ocasións eran para o cadro holandés. Fischer e Schöne gozaron sen acerto dalgunhas oportunidades.

 

O Ajax fixérase co encontro mais, porén, a mala sorte para os locais fixo presenza no Amsterdam Arena cando, no minuto 34, Boilesen abandonaba o campo lesionado. O encontro caeu entón en terra de ninguén, mais Hoessen lanzouse ao rescate por mediación dun tanto que supuña o 2 a 0. Corría o minuto 42, e o Barcelona parecía estar xa knockeado.

 

Porén, a sorte sorriu aos culés á volta do descanso. No minuto 48, Veltman comete unha falta dentro da área sobre Neymar que o colexiado sanciona como penalti. Tal acción custáballe ao holandés a expulsión. Con mestría, Xavi Hernández convertería desde os once metros o 2 a 1. A partir dese instante, os blaugrana botáronse ao ataque na procura da igualada, a cal case conseguen no minuto 57 por mediación de Neymar. Cinco minutos despois realizaba a súa tentativa Iniesta, mais o disparo saíu desviado.

 

Todo parecía sinalar nese momento cara ao empate, sobre todo tendo en conta que o Ajax estaba a xogar con 10 futbolistas sobre o campo. Non obstante, os esforzos dos azulgrana non frutificaron.

 

 

O Ajax frea ao Barça

bottom of page