x
g d
Xornal
GALDEPORTE
13 de Novembro de 2013
Vitoria apertada do Arsenal FC na casa do Glasgow City, a cal lle permite superar a eliminatoria dos oitavos de final da Champions League de fútbol feminino.
O Glasgow perdera por 3 a 0 en Londres, e saíu polo partido. Adiantáronse as locais no marcador no minuto 2 por mediación de Lappin. Non obstante, Yankey baixaría das nubes ás escocesas co seu gol no minuto 12 (1-1). Aínda White, no 13, puido adiantar ao Arsenal. O Glasgow tamén tivo as súas oportunidades antes do descanso, por mediación de O’Sulliban, Fishlock e Crilly.
O Glasgow continuou a intentalo no segunda parte, mais no minuto 69 o Arsenal tomaba a dianteira mercé ao gol de Jordan Nobbs. A capitá Corsie empataría para as escocesas no 79, mais a clasificación xa era practicamente imposible. No desconto, Scott anotaría o 2 a 3 definitivo.
O Arsenal pode co Glasgow

Jordan Nobbs (Arsenal FC)