top of page

                                                                                                                                                                                               23 de Novembro de 2013

 

Despois de obter a primeira vitoria na Liga Feminina 2 a semana pasada, o CB Arxil caeu esta tarde ante o ABDA no Estadio da Xuventude de Pontevedra.

 

Mal comezou o encontro para as galegas, incapaces de conteren o ataque rival. Até 28 puntos encaixaron no primeiro cuarto, no cal apenas puideron facerlle fronte ás asturianas, as cales obtiñan ao seu final unha vantaxe de +12. O segundo período, porén, presentou outra cara para as galegas. Aínda así, malia demostrar unha maior concentración defensiva, o ABDA lograba incrementar en 3 puntos a diferenza ao descanso, ao cal se chegou co resultado de 28 a 43.

 

Á volta do intermedio, as pontevedresas continuaron a se aplicar en defensa, e incluso lograron reducir as distancias en 3 puntos á finalización do terceiro cuarto (42 a 54). As galegas chegaban con posibilidades ao derradeiro período mais as xogadoras do ABDA, lideradas por Anna Boleda (24 puntos, 3 rebotes, 1 asistencia, 1 recuperación e 17 de valoración), non lles deron opción, e levaron o encontro por 61 a 78.

 

Xunto con Boleda, a outra xogadora destacada do partido foi María Lago, do CB Arxil, que anotou 16 puntos, capturou 8 rebotes, deu 3 asistencias, recuperou dous balóns e logrou 17 puntos de valoración.

O Arxil cae ante o ABDA

María Lago

bottom of page