x
g d
Xornal
GALDEPORTE
16 de Novembro de 2013
Esta xornada, o baloncesto pontevedrés está de festa. No derbi que enfrontou ao CBF Pabellón Ourense co Arxil no Pavillón Paco Paz, as visitantes lograrían a súa primeira vitoria na Liga Feminina 2.
As rapazas do Arxil saíron polo derbi. No primeiro cuarto, lograban unha vantaxe de 7 puntos (10-17), incrementada a 9 no descanso (28-37). Aínda así, o segundo cuarto foi moi igualado, ao igual que o terceiro, ao termo do cal as locais conseguían reducir 1 punto a desvantaxe (46 a 54).
O CBF Pabellón Ourense chegaba ao derradeiro período metido no partido, mais non puido aproveitar a situación. O Arxil, comandado pola xamaicana Ashemade (28 puntos, 22 rebotes, 2 asistencias, 2 recuperacións e 43 de valoración), a través dun parcial de 13 a 21, lograba escapar no marcador e acadar o 59 a 75 final.
Desta forma, os dous conxuntos quedan empatados na clasificación, con 1 vitoria e 3 derrotas. Na xornada que vén as pontevedresas recibirán ao ABDA, mentres que o CBF Pabellón Ourense terá que viaxar a terras vallisoletanas para se medir ao pechacancelas: o Universidad de Valladolid.
O Arxil estréase en Ourense
