x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novenbro de 2013
O CB Arxil caeu esta tarde no Estadio da Xuventude de Pontevedra ante o Café Barco GBP e, xunto co Universidad de Valladolid, pecha a clasificación con tres derrotas en tres partidos.
As galegas encararon o inicio do encontro con motivación, con ganas de lle ofrecer aos seus seareiros a primeira vitoria da temporada, e intentárono ante o Café Barco GPB nun primeiro tempo moi igualado. No primeiro cuarto, as locais conseguiran unha vantaxe de 2 puntos (18-16) que conservaron cando o partido chegou ao descanso (28-26).
No entanto, o Arxil non puido manter o ritmo na segunda parte, e pagou caro o esforzo realizado durante a primeira. No terceiro cuarto, as visitantes escapaban no marcador mercé a unha boa defensa, que deixou ás de Pontevedra cunha diferenza desfavorable de 8 puntos (36 a 44), a cal se viu dobrada ao final do encontro (54 a 70).
Desta forma, o Arxil queda nunha situación delicada antes o partido da semana que vén ante o CBF Pabellón Ourense. Mais un derbi sempre é un derbi.
O Arxil perde na casa

Cristina Díaz