x
g d
Xornal
GALDEPORTE
6 de Novembro de 2013
Partido cómodo do Atlético de Madrid ante o Austria de Viena no Vicente Calderón. O encontro non saíu do guión establecido, e aos 11 minutos Miranda convertía o 1 a 0 ao rematar un pase de Koke.
O colchoeiros dominaban o encontro, poñían as ocasións... mais tamén levaron algún susto, sen consecuencias mercé a Courtois.
No minuto 25, Diego Costa asiste a Raúl García para pór o 2 a 0. Aínda antes do descanso, no 45, o ex deportivista Filipe Luís anotaba o terceiro para os atléticos.
Na segunda parte, non encontramos nada novo. Acoso e máis acoso do Atlético de Madrid sobre a meta rival. No minuto 75, o colexiado sinala penalti por unha cambadela a Cristian Rodríguez. Diego Costa efectúa o lanzamento, mais o porteiro local impide o gol. No entanto, o erro non desalentou a hispano-brasileiro, que no minuto 82 faría subir ao marcador o 4 a 0.
O Atlético de Madrid clasifícase, coa vitoria de hoxe, para os oitavos de final da Liga de Campións.
O Atlético, a oitavos

Diego Costa