x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
A tarde de hoxe deixou unha dura derrota do Azkar Lugo no Ciudad de Tudela ante o Rios Renovables Ribera Navarra.
Os galegos víronse superados polos seus rivais desde os minutos inciais do partido. Porén, aguantaron o empate a 0 até as portas do descanso, cando Andresito inaugurou o marcador para os locais a falta de 44 segundos para o intermedio.
A segunda parte, porén, tivo unha tónica diferente. Aos 22 minutos Iago Rodríguez conseguía a igualada e, aos 26, Cuco completaba a remontada para o Azkar (1 a 2).
Non obstante, poucos segundos precisaron os navarros para empatar o encontro, mercé ao gol de Roger. Xa 32, Charlie adiantaba ao Rios Renovables e, no 39, o mesmo xogador poñía no marcador o 4 cuarto para os locais. A piques de cumprir o tempo regulamentario, Molina completou a goleada (5 a 2).
O Azkar cae ante o Rios Renovables
