top of page

                                                                                                                                                                                                                 16 de Novembro de 2013

 

O Azkar caeu esta tarde no Municipal de Lugo ante o Montesinos Jumilla por 4 a 5.

 

Os visitantes tomaron ben cedo a dianteira no marcador, xa no minuto 2, grazas ao tanto de Boyis. Isto provocou un movemento no banco lugués, que modificou o quinteto. Entre os que entraron, achábase Álex Diz, xogador que conseguiría a igualada para os galegos no minuto 6.

 

Non obstante, a igualada aguantou ben pouco. No 8, Chino poñía por diante de novo ao Jumilla. O marcador reflectía 1-2, e con este resultado chegouse ao descanso.

 

A segunda metade comezou con vibracións ben diferentes para o Azkar. No minuto 22 Iago Rodríguez igualaba o encontro a 2. No entanto, pouco despois a fortuna xogoulle unha mala pasada a Álex Diz, que pasaba de heroe a vilán, e nunha xogada desafortunada anotaba en propia meta o 2 a 3. Aínda aumentarían os murcianos o bagaxe de goles mercé aos respectivos tantos de Pizarro e Ique (2-5).

 

Con Cuco de porteiro-xogador, o Azkar botouse ao ataque. No minuto 39 Chano lograba ver porta e, a falta de 36 segundos, Antonio acadaba o 4 a 5. Porén, aos galegos faltoulles algo máis de tempo para lograr o empate.

O Azkar non puido co Jumilla

bottom of page