x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Decembro de 2013
Non estará o Noia FS nos cuartos de final da Copa do Rei de Fútbol Sala, mais si o Azkar de Lugo, despois de derrotar esta noite en terras murcianas ao Futsal Cartaxena por un contundente 0 a 5.
Catorce minutos aguantaron os locais o empate a 0, até que Antonio Diz desfixo a igualada a favor dos galegos, e puxo o 0 a 1 co que se cerrou o primeiro tempo.
O encontro estaba a ser aberto e disputado, malia a diferenza de categoría entre ambos os conxuntos. E deste xeito chegouse aos derradeiros 6 minutos, nos cales os galegos aproveitaron o seu momento de explosión para sentenciaren o encontro. Cando os locais estaban a apertar en condicións, Chano calmaba o partido co 0 a 2. No 38, Aranburo marcaba o terceiro e, no 40, Chano anotaría o segundo da súa conta particular. Nos últimos segundos, Diego Núñez redondeou o resultado co 0 a 5 definitivo. Gran vitoria para os lugueses, que seguirán adiante na Copa do Rei. Quen sabe até onde poderán chegar...
O Azkar segue

Antonio Diz